Tuesday 21 de May de 2024

A alcaldesa Inés Rey participou nos actos da Semana da Prevención celebrados en María Pita


As xornadas para todos os públicos continuarán durante esta fin de semana con obradoiros e actividades

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, participou este venres nos actos da Semana da Prevención de Incendios que organizan os Bombeiros da Coruña en colaboración coa Fundación Mapfre. Esta mañá catro centros escolares achegáronse á praza de María Pita para recibir leccións e consellos dos profesionais.

Inés Rey puido comprobar de primeira man o traballo destes profesionais municipais a través de varias actividades lúdicas e didácticas. A Semana da Prevención regresou a María Pita tras a obrigada ausencia do pasado ano pola pandemia. Este venres pola tarde as actividades estarán destinadas a todos os públicos.

O sábado e o domingo continuarán as exposicións e actividades na praza de María Pita durante todo o día, en horario de 10.00 a 13.00 e de 17.00 a 20.00 horas. E o luns 8 de novembro finalizarán os actos con novas visitas escolares durante a mañá e outro simulacro de incendio nun centro de formación profesional.